Buceando pola rede... como non, atopei unha web que fai efectos moi, moi chulos para as nósas fotos.
É moi doado: escolles o efecto, subes a foto, e listo; descargar e compartir.
Fai clic aquí para acceder á web.
Hoxe tócame presentarvos outro de esos sinxelos programas que nos fan a vida máis fácil. Trátase de un editor de fotografías on-line (non precisa instalación) que permite facer pequenos retoques ás túas imaxes de xeito moi doado.

Unha web que permite crear de xeito sixelo e gratuíto rótulos e botóns para o teu blogue, totalmente modificables: tipo de letra, cor, tamaño,...
O JClic é un software, derivado do Clic 3.0, que nos permite crear paquetes de actividades educativas aproveitando as posibilidades multimedia que presenta os ordenadores hoxe en día. Estas actividades poden conter vídeos, imaxes e audios, e poden ser executadas tando nos ordenadores como no EDI (Encerado Dixital Interactivo).