Mostrando entradas con la etiqueta Imágenes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Imágenes. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de abril de 2011

PICASA

O programa Picasa permite o inventariado de todo os arquivos gráficos do ordenador, a súa clasificación e orde, e inclúe ademais ferramentas de edición e retoque fotográfico. O programa interactúa con picasaweb permitindo colocar as fotos directamente nos álbums. 

Premede aquí para acceder a un artigo de interese sobre Picasa atopado na web de Aulaclic . 

Se queredes descargar o programa Picasa, picade no sistema operativo que vos interese: Mac ou Windows.

Para ver un exemplo de álbum Picasa picade aquí: https://picasaweb.google.com/martainfantil

jueves, 3 de febrero de 2011

Presentacións de fotos gratuitas para o blogue

Se queredes incluír no voso blogue presentacións fotográficas, podedes facelo desde moitas páxinas. Entre elas, presentamos estas tres:

Para facer aquí a presentación, tedes que iniciar unha sesión con nome de usuario e contrasinal.

Logo, podemos facer estas tres operacións:

* Si escollemos un Slideshow faremos a presentación de fotos, á que lle podemos poñer música, efectos,...

* Si escollemos un FunPix, poderemos modificar unha foto, incluíndo nela animacións.

* Tamén poderemos publicar un vídeo.


Aquí poderemos crear prácticamente o mesmo:

* Crear unha presentación de imaxes.

* Modificar de maneira divertida unha fotografía.


Nesta páxina podemos facer:

* Unha presentación moito máis "profesional", añadindo efectos a cada imaxe, transicións, ... (a modo de software de vídeo)

* Retocar fotografías de maneira máis "profesional" tamén, podendo cambiar fotos de color, poñer marcos, ...



Invitámosvos a visitar estes tres enlaces. Desde "bitácoraseducativas-cra" creemos que para aprender a utilizar algo, hai que comezar por utilizalo.


martes, 1 de febrero de 2011

Crear "Novas de Xornais"


Unha utilizade moi práctica sinxela para darlle a un texto o aspecto dun xornal. É online, gratuíta e convirte automaticamente unha nova (Nome do Xornal, Títular, Data e Corpo) nunha imaxe ".jpg" con forma de xornal. Podedes atopalo facendo clic aquí.

viernes, 21 de enero de 2011

Imaxe con enlace

Ás veces, como gadget (diseño do noso blogue, engadir un gadget), poñemos unha imaxe.
A esta imaxe, podemos engadirlle:


1. Un título.
2. Un pe de foto (que aparecerá debaixo da foto que poñamos)
3. Un enlace (pegaremos aquí a dirección da páxina web que queremos visitar cando pinchemos na páxina)


A imaxe que subimos, podemos facelo desde o noso equipo (unha imaxe gardada no ordenador) ou dende a web (copiando a URL da imaxe da internet).