jueves, 19 de mayo de 2011

Efectos chulos para as fotos


Buceando pola rede... como non, atopei unha web que fai efectos moi, moi chulos para as nósas fotos.
É moi doado: escolles o efecto, subes a foto, e listo; descargar e compartir.

Fai clic aquí para acceder á web.

sábado, 14 de mayo de 2011

SEBRAN

En Sebran ABC, imaxes vividas, música agradable e xogos sinxelos, ensinaranlle aos nenos e nenas como ler e escribir. 

O programa está deseñado para funcionar en diferentes idiomas, incluíndo inglés, francés, español e alemán.

Hai doce exercicios diferentes. Seis exercicios simples, con catro posibles respostas. 

CANTOS? É un xogo para ensinar a contar os números do 1 ao 9. Estes números serán usados nos xogos de SUMAR, RESTAR e MULTIPLICAR, os cales teñen cada un dous niveis de dificultade, un doado e outro difícil. 

En ELIXE UN DEBUXO un dos catro debuxos representa a palabra escrita na parte superior.

A PRIMEIRA LETRA ofrece catro posibilidades para completar a primeira letra da palabra. O neno pode empregar as habilidades logradas nestes exercicios para xogar MEMORIA, MEMO DE PALABRAS ou O AFORCADO

Por último, os xogos CHUVIA ABC, CHUVIA DE LETRAS, CHUVIA 1+2 axudarán a adestrar os seus dedos no uso do teclado.

Pica na imaxe para descargar este xogo educativo.

Espazo web de Innovación Educativa

Dende o 29 de abril, temos a nosa disposición o espazo web de Innovación Educativa, integrado dentro do portal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.

Esta web, nace coa vontade de converterse nun lugar de referencia para as iniciativas innovadoras útiles a calquera dos compoñentes da comunidade escolar de Galicia. Trátase dun espazo que buscará a interacción con todos os implicados na mellora do sistema a partir da creatividade e das boas prácticas educativa.

Para acceder á web picade na imaxe.


lunes, 11 de abril de 2011

PICASA

O programa Picasa permite o inventariado de todo os arquivos gráficos do ordenador, a súa clasificación e orde, e inclúe ademais ferramentas de edición e retoque fotográfico. O programa interactúa con picasaweb permitindo colocar as fotos directamente nos álbums. 

Premede aquí para acceder a un artigo de interese sobre Picasa atopado na web de Aulaclic . 

Se queredes descargar o programa Picasa, picade no sistema operativo que vos interese: Mac ou Windows.

Para ver un exemplo de álbum Picasa picade aquí: https://picasaweb.google.com/martainfantil

sábado, 9 de abril de 2011

TICHING, ¿será o futuro?

Acabo de atopar isto pola Internet e, a verdade e que ten moi boa pinta, polo menos o vídeo promocional explicativo. Agora... unha cousa é o que prometan e outra a realidade á hora de traballar con eles.

Trátase de unha plataforma que "promete" organizar todos os contidos educativos existentes na rede en base ao sistema educativo de cada país, nivel do alumnado, área de coñecemento,... Se isto é certo, será un perfecto buscador de contidos educativos xa que, por mor da inmensa cantidade de información que se reproduce de forma exponencial día a día, moitas veces perdemos máis tempo á hora de seleccionar a que precisamos para os nosos traballos que na realización das actividades en sí.

En principio non sinalan si é gratuíto ou de pago, si o sistema de obtención de contidos é un "quo por quo" ou estará libre para calquera aínda que non comparta contidos,... O único que sabemos é que para entrar en ela hai que solicitar un convite deixándolles o teu correo,..., eu xa o fixen, por suposto.

Aquí vos deixo o seu vídeo promocional para que cada un saque as súas propias conclusións:


Xa me esquecía, para acceder á súa web oficial podedes facer clic aquí.
Por certo, que xa deixei un par de "globos sonda" nas miñas redes para ver se algué sabe algo máis, estade alerta!!

domingo, 3 de abril de 2011

ABC Timetable

ABC Timetable é un programa destinado a crear horarios escolares. O único que hai que facer é seleccionar o número de días, escribir os vosos horarios e títulos, elixir o deseño que máis vos guste, as cores e as fontes, e xa podes gardar as plantillas para reutilizalas e imprimir tantas copias como o desexes.

Para descargar o programa preme na imaxe.

jueves, 24 de marzo de 2011

PICNIK: Sencillo editor de fotografías

Hoxe tócame presentarvos outro de esos sinxelos programas que nos fan a vida máis fácil. Trátase de un editor de fotografías on-line (non precisa instalación) que permite facer pequenos retoques ás túas imaxes de xeito moi doado.

Entre outras funcións déixanos: recortar, cambiar tamaño, correxir a imaxen (color, exposición, enfoque, contraste,...), engadir varios filtros,..., e despois gardala outra vez no te ordenador.

Como moitas aplicacións de este tipo, Picnik ten unha versión gratuíta e outra de pago na que todas estas funcións se ven incrementadas.

Sen máis, aquí vos deixo o link para acceder á web do programa, e un pequeno tutorial dos pasos que temos que seguir.


jueves, 17 de marzo de 2011

Jing: Capturador de pantalla (imaxe e vídeo)



Como últimamente estamos publicando varios titoriais de como facer determinadas cousas, hoxe preséntovos un software para crear "vídeo-titoriais" de xeito doado, gratuíto e que se pode compartir fácilmente.
Trátase de "Jing", unha aplicación gratuíta que permite facer capturas de pantallas tanto de imaxes estáticas como en movemento (vídeos), o que a fai unha ferramente perfecta para a creación destes titoriais en formato vídeo.
No caso de que os nósos alumnos/as traballen nunha das moitas aulas de inforáticas que están repartidas polos centros da nósa comunidade, esta é unha boa opción para que poidan facer as súas tarefas de xeito autónomo e ao seu ritmo, evitando ter que estar explicando un por un todos os pasos que teñen que dar, por exemplo: para crear unha conta de correo, enviar mail, adxuntar arquivos, ou utilizar determinado software.
Podedes descargar o programa de xeito legal e gratuíto dende aquí.
Aquí vos deixo un vídeo-titorial do funcionamento deste software creado, como non podía ser de outro xeito, con Jing.


sábado, 12 de marzo de 2011

INCREDIMAIL

IncrediMail é un software gratuíto de xestión de correo electrónico, moi apropiado para o alumnado polo seu deseño e aplicacións.

IncrediMail administra todos os correos electrónicos dende diferentes contas (como Yahoo e Gmail) nun único lugar.


Entre as súas opcións encóntranse a de gravar voz adxunta á mensaxe, a posibilidade de usar notificadores animados ao recibir mensaxes e a posibilidade de configurar estes; o uso de sons, emoticonos, animacións e fondos nos correos enviados. 

Conta tamén con efectos 3D ao enviar, recibir ou ver un correo. Ademais, brinda a posibilidade de usar varias aparencias gráficas (skins).

Para descargar IncrediMail, preme na imaxe. 

viernes, 11 de marzo de 2011

Tutorial de DROPBOX!!




Que é DropBox??
Dropbox é un lugar de aloxamento gratuíto de arquivos de calquera tipo: fotos, videos, presentacións, páxinas web,... É como un pequeno HD (disco duro) pero na nube no cal podes almacenar, de maneira gratuíta, ata 2 Gb de datos.

Para qué??
Aos mestres e mestras pódenos servir como disco duro virtual, pero unha das mellores utilidades que lle vemos é a posibilidade de almacenar aí as nosas actividades multimedia creadas con software como: EdiLim, JClic, Ardora,...

Aquí vos deixo un tutorial de cómo funciona.