Mostrando entradas con la etiqueta Enlaces de interese. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enlaces de interese. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de mayo de 2011

Espazo web de Innovación Educativa

Dende o 29 de abril, temos a nosa disposición o espazo web de Innovación Educativa, integrado dentro do portal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.

Esta web, nace coa vontade de converterse nun lugar de referencia para as iniciativas innovadoras útiles a calquera dos compoñentes da comunidade escolar de Galicia. Trátase dun espazo que buscará a interacción con todos os implicados na mellora do sistema a partir da creatividade e das boas prácticas educativa.

Para acceder á web picade na imaxe.


sábado, 12 de marzo de 2011

INCREDIMAIL

IncrediMail é un software gratuíto de xestión de correo electrónico, moi apropiado para o alumnado polo seu deseño e aplicacións.

IncrediMail administra todos os correos electrónicos dende diferentes contas (como Yahoo e Gmail) nun único lugar.


Entre as súas opcións encóntranse a de gravar voz adxunta á mensaxe, a posibilidade de usar notificadores animados ao recibir mensaxes e a posibilidade de configurar estes; o uso de sons, emoticonos, animacións e fondos nos correos enviados. 

Conta tamén con efectos 3D ao enviar, recibir ou ver un correo. Ademais, brinda a posibilidade de usar varias aparencias gráficas (skins).

Para descargar IncrediMail, preme na imaxe. 

viernes, 11 de marzo de 2011

Todo sobre os PODCAST!!




Os PODCAST son arquivos de audio subidos á rede que se distribuen libremente e permiten inscribirse a eles. Ultimamente estanse a utilizar moito con finalidades educativas. A seguinte ligazón lévanos a un SITE (web de google) de un "Taller de Podcast Educativos" onde aparece toda a información que precisamos para crear, aloxar e difundir os nosos "podcast", ademáis de varios exemplos e indicacións da súa utilización como instrumento de ensino-aprendizaxe nas aulas.

Fai clic aquí para acceder ao taller.

lunes, 7 de marzo de 2011

PRESENTACIÓNS EN ISSUU E SCRIBD

Nunha entrada anterior viamos como subir as nosas presentacións á aplicación Slideshare. Hoxe dámosvos a coñecer outros dous servidores de aloxamento: Issuu e Scribd.

Nestes servidores, ao igual co anterior, poderedes encontrar documentos de interese e ademais subir os vosos propios documentos de word, excel, pdf, ppt...

Podedes ver os titoriais de ambos os dous e acceder aos servidores picando no logo correspondente.


RECURSOS EDUCATIVOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U DA XUNTA DE GALICIA

Na web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia existe un Portal Galego de Contidos Educativos, con recursos educativos en liña moi interesantes, divididos por niveis educativos. Para acceder a eles picade na imaxe.


RECURSOS EDUCATIVOS DO ITE

O Instituto de Tecnoloxías Educativas ten a disposición de todo o profesorado e comunidade educativa unha páxina onde podedes atopar miles de recursos educativos.
 
Os recursos están agrupados por colectivos de destino e tamén por niveis educativos. Picade na imaxe para ir á páxina.


Se queredes acceder directamente dende aquí aos diferentes recursos por niveis, picade na imaxe do nivel que vos interese.


domingo, 6 de marzo de 2011

Web Interesante!


Navegando pola Internet atopei unha web moi interesante con un montón de actividades para introducir aos nenos/as no mundo das TIC.
Aquí vos deixo o link.
Que teñades un bo entroido.

martes, 1 de marzo de 2011

O ITE tamén se apunta ao traballo colaborativo!

O Instituto de Tecnoloxías Educativas do Ministerio de Educación acaba de abrir, dentro do seu xa popular "Banco de Imaxes e Sons" un apartado colaborativo onde calquera pode subir os seus arquivos para compartilos coa demáis xente que, baixo unha licenza Creative Commonds e despois de cubrir o formulario de rexistro, poderán ser usados libremente con finalidade educativa.

Parécenos unha moi boa idea que, por otra parte, xa se estaba demandando dende varios sectores. Seguro que en moi pouco tempo o Banco de Imaxes e Sons vai medrar moitísimo que con traballos de moi boa calidade.

Para acceder facede clic aquí.

lunes, 28 de febrero de 2011

Presentacións Slideshare

Slideshare é un espazo libre, onde os usuarios poden enviar presentacións PowerPoint ou OpenOffice, que logo quedan almacenadas en formato Flash para visualizar en liña. 

É unha opción interesante para compartir presentacións na rede e soporta arquivos de ata 20 Mb de peso. Tamén nos permite compartilas por correo electrónico ou poñelas co seu propio reprodutor na nosa web ou blogue. 

Aquí tedes un exemplo de presentación Power Point en Slideshare.


E aquí, podedes ver unha pequena presentación para crear unha conta slideshare e subir as vosas presentacións.
Tutorial sobre Slideshare
View more presentations from BeneMarcos.

Fai clic aquí para ir á web de Slideshare

martes, 22 de febrero de 2011

Debuxar de xeito colaborativo a través da rede!


Cada día que navego pola rede aprendo algo novo... para que despois digan que internet é malo. Nesta ocasión atopei un software on-line que nos permite crear e compartir un encerado para debuxar en él de xeito colaborativo e dende lugares distantes... e sen precisar rexistro!!
Estánseme a pasar pola cabeza un feixe de actividades educativas para facer con esta aplicación!!!
Fai clic aquí para ir á web.


martes, 1 de febrero de 2011

Crear "Novas de Xornais"


Unha utilizade moi práctica sinxela para darlle a un texto o aspecto dun xornal. É online, gratuíta e convirte automaticamente unha nova (Nome do Xornal, Títular, Data e Corpo) nunha imaxe ".jpg" con forma de xornal. Podedes atopalo facendo clic aquí.

domingo, 30 de enero de 2011

ACTIVIDADES LIM

Estes son algúns enlaces nos que atoparedes actividades Lim para traballar co alumnado. Picade na imaxe para acceder.   



Educalim        


               Actividades Lim                

LIM (LIBRO INTERACTIVO MULTIMEDIA)

Lim (Libro Interactivo Multimedia) é unha ferramenta útil creada por Fran Macías, para o desenvolvemento de actividades educativas web que podemos obter libremente a través da súa propia web.

Vantaxes

* Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
* Accesibilidade inmediata en internet.
* Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
* Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
* Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
* Contorna agradable.
* Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
* Actividades atractivas.
* Posibilidade de control de progresos.
* Avaliación de exercicios.
* Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
* Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e encerados dixitais interactivas.

Aquí deixamos un titorial para ter unha visión global desta ferramenta.

domingo, 23 de enero de 2011

SPICYNODES: Crea mapas conceptuais moi vistosos

SPICYNODES, é unha aplicación on-line e gratuíta que nos permite crear mapas conceptuais moi vistosos, de maneira sinxela. Estes mapas pódense publicar e compartir a través de internet.

Aquí tedes un exemplo:

PREZI: Presentacións Flash Moi Vistosas

PREZI é unha aplicación online e gratuíta que nos permite crear presentación moi vistosas, de xeito sinxelo, e que perimte a súa publicación en internet ou a súa descarga para o teu disco duro.

Aquí tedes unha mostra confeccionada por: Manuel Pérez Bañez (COORDINACIÓN TIC) IES Antonio Domínguez Ortiz

sábado, 22 de enero de 2011

ENLACES DE RELOXOS PARA BLOGUES

Estes son algúns enlaces nos que atoparedes reloxos para inserir no blogue. Picade na imaxe para acceder.


                                                      WidgetSI.com





creatupropiaweb.com





Clocklink





Toolshell Flash Clocks





Calgot Clocks


Webs de axuda para personalizar o blogue

Aquí amosamos unha serie de páxinas webs que nos poden servir de axuda para personalizar o noso blogue. Para acceder a elas picade na imaxe.


                                             TUNEANDO EL BLOG
                  



TODO PARA TU BLOG



LA BLOGUERÍA




EL ESCAPARATE DE ROSA




MANUAL PARA BLOGGER