lunes, 7 de febrero de 2011

Inserir vídeos de Youtube en Blogger

Para inserir vídeos de Youtube o único que temos que facer é o seguinte:

- En Youtube, accedemos ao vídeo que nos interesa, por exemplo este:



- Unha vez diante do vídeo que nos interesa, picamos na pestana "Insertar" que está xusto debaixo do vídeo:



- Unha vez alí, apareceranos un código do vídeo que debemos seleccionar, copiar e pegar no noso blogue, ben nunha nova entrada ou como gadget. (Debaixo de este código temos unha serie de tamaños para o vídeo, podemos escoller o que queramos):



Para colocar o vídeo nunha entrada, debemos seleccionar na nosa entrada a pestana "Edición de HTML" e pegar aí o código.


Se pola contra, queremos insertar o vídeo nas marxes do blogue iremos a "Añadir un gadget", escolleremos "HTML/Javascript", e alí copiaremos o  código.

No hay comentarios:

Publicar un comentario