Mostrando entradas con la etiqueta Softwares educativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Softwares educativos. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de abril de 2011

PICASA

O programa Picasa permite o inventariado de todo os arquivos gráficos do ordenador, a súa clasificación e orde, e inclúe ademais ferramentas de edición e retoque fotográfico. O programa interactúa con picasaweb permitindo colocar as fotos directamente nos álbums. 

Premede aquí para acceder a un artigo de interese sobre Picasa atopado na web de Aulaclic . 

Se queredes descargar o programa Picasa, picade no sistema operativo que vos interese: Mac ou Windows.

Para ver un exemplo de álbum Picasa picade aquí: https://picasaweb.google.com/martainfantil

sábado, 12 de marzo de 2011

INCREDIMAIL

IncrediMail é un software gratuíto de xestión de correo electrónico, moi apropiado para o alumnado polo seu deseño e aplicacións.

IncrediMail administra todos os correos electrónicos dende diferentes contas (como Yahoo e Gmail) nun único lugar.


Entre as súas opcións encóntranse a de gravar voz adxunta á mensaxe, a posibilidade de usar notificadores animados ao recibir mensaxes e a posibilidade de configurar estes; o uso de sons, emoticonos, animacións e fondos nos correos enviados. 

Conta tamén con efectos 3D ao enviar, recibir ou ver un correo. Ademais, brinda a posibilidade de usar varias aparencias gráficas (skins).

Para descargar IncrediMail, preme na imaxe. 

lunes, 7 de febrero de 2011

Titorial Hot Potatoes


Hot Potatoes: Creación de actividades educativas

Hot Potatoes é un software educativo creado polo Centro de Humanidades e Computación da Universidade de Victoria, en Canadá, que serve para crear exercicios educativos.

Os exercicios que crea son do tipo resposta curta, selección múltiple, encher os ocos, encrucillados, emparellamento... Posteriormente pódense publicar as actividades en calquera servidor.

Dicir, que se observaron certas incompatibilidades con algúns navegadores como Mozilla Firefox.

Podemos descargar o software de Hot Potatoes libremente a través da web oficial.

martes, 1 de febrero de 2011

JCLIC: Creación de Actividades Educativas

O JClic é un software, derivado do Clic 3.0, que nos permite crear paquetes de actividades educativas aproveitando as posibilidades multimedia que presenta os ordenadores hoxe en día. Estas actividades poden conter vídeos, imaxes e audios, e poden ser executadas tando nos ordenadores como no EDI (Encerado Dixital Interactivo).

O programa posúe unha gran variedade de actividades que poden ser utilizadas dende Educación Infantil ata a Educación Secundaria Obrigratoria.

Unha vez creadas todas as actividades podemos obtar por exportalas a linguaxe html (para subir a un servidor en forma de páxina web), podemos crear un pequeno programa instalador do noso paquete de actividades, ou gardalas directamente nun arquivo que poderá ser executado polo JClic.

O JClic conta con tres módulos:
- JClic (para poder executar actividades confeccionadas neste sofrware)
- JClic Author (para deseñar e crear os paquetes de actividades)
- JClic Reports (que nos permite xestionar unha base de datos coas estatísticas das diferentes actividades).

Para poder acceder á web oficial deste proxecto podes facer clic aquí.

domingo, 30 de enero de 2011

Inserir actividades Lim no blogue

Para inserir actividades Lim no blogue, temos que gardar nun servidor ou espazo web externo a Blogger os tres arquivos creados polo programa, e tamén todos os arquivos multimedia que utilizásemos. 

O primeiro é o arquivo de configuración do exercicio, o segundo é o arquivo HTML ao que exportamos o exercicio, e o terceiro é o que permite que o exercicio funcione con tecnoloxía Flash. En Windows, estes arquivos aparecen sen a extensión de tres letras que vai despois do punto, pero recoñécellos pola icona:


No ISFTIC (servizo do Ministerio de Educación que recolle todo o relativo ás Novas Tecnoloxías na educación), dispoñemos os docentes dun espazo web para publicar páxinas web e subir este tipo de actividades interactivas como son as actividades Lim, que despois poderemos inserir no noso blogue. Para conseguilo, hai unha páxina de petición de conta gratuíta para profesores cun arquivo PDF para solicitar a conta.


Unha vez subido a un espazo web (como pode ser o ISFTIC) a actividade Lim,  temos que incluír na entrada do noso blogue o seguinte código. Para iso teño que realizar dous pasos:

1. Apunto ou copio a ruta ou dirección Web (URL) onde está gardado, de modo que se escribimos esa ruta no navegador, vemos o arquivo como páxina web normal.

2. Incorpóroo ao meu blogue mediante a etiqueta iframe. O texto seguinte, cos cambios necesarios, hai que inserilo no código fonte do texto: facemos clic na pestana Edición de HTML do editor de Blogger, e aí pegámolo onde desexemos que apareza:


Neste texto vemos os atributos da etiqueta iframe, é dicir os parámetros da devandita etiqueta, que están colocados dentro da etiqueta de apertura:

1. src: é a ruta ou URL de onde se encontra gardado o arquivo da actividade  noutro servidor.

2. frameborder: é a anchura do bordo do marco expresado en pixeis.

3. height: é a altura do marco. Hai que axustar esta altura se se quere que non se vexa a barra de desprazamento e pareza que o test está incrustado no blog.

4. width: é a anchura do marco. Hai que ter coidado de non poñer unha anchura que supere os 500 pixeis, pois o marco podería invadir o lateral do blogue.

5. scrolling: é a barra de desprazamento. Escribimos auto para que a barra apareza automaticamente cando sexa necesario. Se escribimos yes, a barra aparecerá sempre, e se poñemos non, non aparecerá nunca. Neste último caso, hai que impedir que o test se esconda por debaixo do marco e o usuario non poida velo enteiro.

6. Non hai que esquecerse das comiñas e de pechar o iframe coa súa etiqueta de peche, que inclúe unha barra.

7. En texto azul inclúese a etiqueta div e o atributo align para centrar o marco na páxina, aínda que non é necesario. Non hai que esquecer o div de peche. Con este código podemos centrar calquera elemento da páxina.

(Información extraída do blogue: http://avalerofer.blogspot.com/)

ACTIVIDADES LIM

Estes son algúns enlaces nos que atoparedes actividades Lim para traballar co alumnado. Picade na imaxe para acceder.   



Educalim        


               Actividades Lim                

LIM (LIBRO INTERACTIVO MULTIMEDIA)

Lim (Libro Interactivo Multimedia) é unha ferramenta útil creada por Fran Macías, para o desenvolvemento de actividades educativas web que podemos obter libremente a través da súa propia web.

Vantaxes

* Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
* Accesibilidade inmediata en internet.
* Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
* Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
* Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
* Contorna agradable.
* Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
* Actividades atractivas.
* Posibilidade de control de progresos.
* Avaliación de exercicios.
* Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
* Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e encerados dixitais interactivas.

Aquí deixamos un titorial para ter unha visión global desta ferramenta.