miércoles, 9 de febrero de 2011

Google Art Project



Trátase dun novo servizo de Google orientado ao arte. Grazas a esta plataforma calquera individuo con conexión a internet, poderá visitar, de xeito virtual, dezasete dos museos máis importantes do mundo. Evidentemente este servizo aínda acaba de nacer polo que non posúe tódalas obras que se mostran nos museos "físicos" pero afirman que irán aumentando paulatinamente a súa conexión.
Os museos que participan, a día de hoxe, no proxecto son:

• Altes Nationalgalerie, Berlín, Alemania
• Gemäldegalerie, Berlín, Alemania
• Colección Frick, Nueva York, EE.UU.
• Galería Freer del Smithsonian, Washington DC, EE.UU.
• MoMA, The Museum of Modern Art, Nueva York, EE.UU.
• The Metropolitan Museum of Art, Nueva York, EE.UU.
• Museo Reina Sofía, Madrid, España
• Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid, España
• Palacio de Versalles, Francia
• Galería de los Uffizi, Florencia, Italia
• Galería Tretyakov, Moscú, Rusia
• Museo Hermitage, San Petersburgo, Rusia
• Museo Kampa, Praga, República Checa
• Museo Van Gogh, Ámsterdam, Países Bajos
• Rijksmuseum, Ámsterdam, Países Bajos
• National Gallery, Londres, Reino Unido
• Tate Britain, Londres, Reino Unido

Ademais de pasear polas súa salas, dentro desta ferramenta podemos contemplar os cadros nunha resolución moi grande polo que, ata se notan os trazo dos pinceis sobre o lenzo.

Só nos queda sinalarvos a dirección para que pasedes por ali: Google Art Project

No hay comentarios:

Publicar un comentario