Mostrando entradas con la etiqueta Software. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Software. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de abril de 2011

PICASA

O programa Picasa permite o inventariado de todo os arquivos gráficos do ordenador, a súa clasificación e orde, e inclúe ademais ferramentas de edición e retoque fotográfico. O programa interactúa con picasaweb permitindo colocar as fotos directamente nos álbums. 

Premede aquí para acceder a un artigo de interese sobre Picasa atopado na web de Aulaclic . 

Se queredes descargar o programa Picasa, picade no sistema operativo que vos interese: Mac ou Windows.

Para ver un exemplo de álbum Picasa picade aquí: https://picasaweb.google.com/martainfantil

sábado, 12 de marzo de 2011

INCREDIMAIL

IncrediMail é un software gratuíto de xestión de correo electrónico, moi apropiado para o alumnado polo seu deseño e aplicacións.

IncrediMail administra todos os correos electrónicos dende diferentes contas (como Yahoo e Gmail) nun único lugar.


Entre as súas opcións encóntranse a de gravar voz adxunta á mensaxe, a posibilidade de usar notificadores animados ao recibir mensaxes e a posibilidade de configurar estes; o uso de sons, emoticonos, animacións e fondos nos correos enviados. 

Conta tamén con efectos 3D ao enviar, recibir ou ver un correo. Ademais, brinda a posibilidade de usar varias aparencias gráficas (skins).

Para descargar IncrediMail, preme na imaxe. 

lunes, 7 de febrero de 2011

Titorial Hot Potatoes


Hot Potatoes: Creación de actividades educativas

Hot Potatoes é un software educativo creado polo Centro de Humanidades e Computación da Universidade de Victoria, en Canadá, que serve para crear exercicios educativos.

Os exercicios que crea son do tipo resposta curta, selección múltiple, encher os ocos, encrucillados, emparellamento... Posteriormente pódense publicar as actividades en calquera servidor.

Dicir, que se observaron certas incompatibilidades con algúns navegadores como Mozilla Firefox.

Podemos descargar o software de Hot Potatoes libremente a través da web oficial.

martes, 1 de febrero de 2011

TITORIAL: Glogster (Posters Dixitais)

Déixovos aquí un titorial sobre a creación de posters dixitais coa aplicación: Glogster; que atopei no canal de youtube: Recursos de Historia. Nel explícase de xeito sinxelo como crear un poster de estas características incluíndo nel tódalas posibilidades que este tipo de software posúe.

Posters dixitais con GLOGSTER

Outra aplicación moi interesante para crear contidos moi vistosos de xeito sixelo para os nosos blogues educativos e: Glogster.
Con esta aplicación poderás deseár posters dixitais e incluir neles: imaxes, vídeos e sons de xeito doado.
No permite a descarga do resultado do teu traballo ao ordenador pero si que podes incrustalo en calquera blog.
Aquí tedes unha mostra confeccinada por unhas alumnas de secundaria. Podedes ver o seu site facendo clic aquí.

TITORIAL JCLIC: Introdución

Aquí temos un titorial que nos introduce ao mundo do JClic confecciónado por Domingo Méndez, extraído del canal Aula Historia de Youtube.


Crear "Novas de Xornais"


Unha utilizade moi práctica sinxela para darlle a un texto o aspecto dun xornal. É online, gratuíta e convirte automaticamente unha nova (Nome do Xornal, Títular, Data e Corpo) nunha imaxe ".jpg" con forma de xornal. Podedes atopalo facendo clic aquí.