Mostrando entradas con la etiqueta Metodoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Metodoloxía. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de marzo de 2011

Todo sobre os PODCAST!!




Os PODCAST son arquivos de audio subidos á rede que se distribuen libremente e permiten inscribirse a eles. Ultimamente estanse a utilizar moito con finalidades educativas. A seguinte ligazón lévanos a un SITE (web de google) de un "Taller de Podcast Educativos" onde aparece toda a información que precisamos para crear, aloxar e difundir os nosos "podcast", ademáis de varios exemplos e indicacións da súa utilización como instrumento de ensino-aprendizaxe nas aulas.

Fai clic aquí para acceder ao taller.

martes, 1 de febrero de 2011

JCLIC: Creación de Actividades Educativas

O JClic é un software, derivado do Clic 3.0, que nos permite crear paquetes de actividades educativas aproveitando as posibilidades multimedia que presenta os ordenadores hoxe en día. Estas actividades poden conter vídeos, imaxes e audios, e poden ser executadas tando nos ordenadores como no EDI (Encerado Dixital Interactivo).

O programa posúe unha gran variedade de actividades que poden ser utilizadas dende Educación Infantil ata a Educación Secundaria Obrigratoria.

Unha vez creadas todas as actividades podemos obtar por exportalas a linguaxe html (para subir a un servidor en forma de páxina web), podemos crear un pequeno programa instalador do noso paquete de actividades, ou gardalas directamente nun arquivo que poderá ser executado polo JClic.

O JClic conta con tres módulos:
- JClic (para poder executar actividades confeccionadas neste sofrware)
- JClic Author (para deseñar e crear os paquetes de actividades)
- JClic Reports (que nos permite xestionar unha base de datos coas estatísticas das diferentes actividades).

Para poder acceder á web oficial deste proxecto podes facer clic aquí.