Se queredes incluír no voso blogue presentacións fotográficas, podedes facelo desde moitas páxinas. Entre elas, presentamos estas tres:
Para facer aquí a presentación, tedes que iniciar unha sesión con nome de usuario e contrasinal.
Logo, podemos facer estas tres operacións:
* Si escollemos un Slideshow faremos a presentación de fotos, á que lle podemos poñer música, efectos,...
* Si escollemos un FunPix, poderemos modificar unha foto, incluíndo nela animacións.
* Tamén poderemos publicar un vídeo.
Aquí poderemos crear prácticamente o mesmo:
* Crear unha presentación de imaxes.
* Modificar de maneira divertida unha fotografía.
Nesta páxina podemos facer:
* Unha presentación moito máis "profesional", añadindo efectos a cada imaxe, transicións, ... (a modo de software de vídeo)
* Retocar fotografías de maneira máis "profesional" tamén, podendo cambiar fotos de color, poñer marcos, ...
Invitámosvos a visitar estes tres enlaces. Desde "bitácoraseducativas-cra" creemos que para aprender a utilizar algo, hai que comezar por utilizalo.