jueves, 19 de mayo de 2011

Efectos chulos para as fotos


Buceando pola rede... como non, atopei unha web que fai efectos moi, moi chulos para as nósas fotos.
É moi doado: escolles o efecto, subes a foto, e listo; descargar e compartir.

Fai clic aquí para acceder á web.

sábado, 14 de mayo de 2011

SEBRAN

En Sebran ABC, imaxes vividas, música agradable e xogos sinxelos, ensinaranlle aos nenos e nenas como ler e escribir. 

O programa está deseñado para funcionar en diferentes idiomas, incluíndo inglés, francés, español e alemán.

Hai doce exercicios diferentes. Seis exercicios simples, con catro posibles respostas. 

CANTOS? É un xogo para ensinar a contar os números do 1 ao 9. Estes números serán usados nos xogos de SUMAR, RESTAR e MULTIPLICAR, os cales teñen cada un dous niveis de dificultade, un doado e outro difícil. 

En ELIXE UN DEBUXO un dos catro debuxos representa a palabra escrita na parte superior.

A PRIMEIRA LETRA ofrece catro posibilidades para completar a primeira letra da palabra. O neno pode empregar as habilidades logradas nestes exercicios para xogar MEMORIA, MEMO DE PALABRAS ou O AFORCADO

Por último, os xogos CHUVIA ABC, CHUVIA DE LETRAS, CHUVIA 1+2 axudarán a adestrar os seus dedos no uso do teclado.

Pica na imaxe para descargar este xogo educativo.

Espazo web de Innovación Educativa

Dende o 29 de abril, temos a nosa disposición o espazo web de Innovación Educativa, integrado dentro do portal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.

Esta web, nace coa vontade de converterse nun lugar de referencia para as iniciativas innovadoras útiles a calquera dos compoñentes da comunidade escolar de Galicia. Trátase dun espazo que buscará a interacción con todos os implicados na mellora do sistema a partir da creatividade e das boas prácticas educativa.

Para acceder á web picade na imaxe.