jueves, 24 de marzo de 2011

PICNIK: Sencillo editor de fotografías

Hoxe tócame presentarvos outro de esos sinxelos programas que nos fan a vida máis fácil. Trátase de un editor de fotografías on-line (non precisa instalación) que permite facer pequenos retoques ás túas imaxes de xeito moi doado.

Entre outras funcións déixanos: recortar, cambiar tamaño, correxir a imaxen (color, exposición, enfoque, contraste,...), engadir varios filtros,..., e despois gardala outra vez no te ordenador.

Como moitas aplicacións de este tipo, Picnik ten unha versión gratuíta e outra de pago na que todas estas funcións se ven incrementadas.

Sen máis, aquí vos deixo o link para acceder á web do programa, e un pequeno tutorial dos pasos que temos que seguir.


jueves, 17 de marzo de 2011

Jing: Capturador de pantalla (imaxe e vídeo)



Como últimamente estamos publicando varios titoriais de como facer determinadas cousas, hoxe preséntovos un software para crear "vídeo-titoriais" de xeito doado, gratuíto e que se pode compartir fácilmente.
Trátase de "Jing", unha aplicación gratuíta que permite facer capturas de pantallas tanto de imaxes estáticas como en movemento (vídeos), o que a fai unha ferramente perfecta para a creación destes titoriais en formato vídeo.
No caso de que os nósos alumnos/as traballen nunha das moitas aulas de inforáticas que están repartidas polos centros da nósa comunidade, esta é unha boa opción para que poidan facer as súas tarefas de xeito autónomo e ao seu ritmo, evitando ter que estar explicando un por un todos os pasos que teñen que dar, por exemplo: para crear unha conta de correo, enviar mail, adxuntar arquivos, ou utilizar determinado software.
Podedes descargar o programa de xeito legal e gratuíto dende aquí.
Aquí vos deixo un vídeo-titorial do funcionamento deste software creado, como non podía ser de outro xeito, con Jing.


sábado, 12 de marzo de 2011

INCREDIMAIL

IncrediMail é un software gratuíto de xestión de correo electrónico, moi apropiado para o alumnado polo seu deseño e aplicacións.

IncrediMail administra todos os correos electrónicos dende diferentes contas (como Yahoo e Gmail) nun único lugar.


Entre as súas opcións encóntranse a de gravar voz adxunta á mensaxe, a posibilidade de usar notificadores animados ao recibir mensaxes e a posibilidade de configurar estes; o uso de sons, emoticonos, animacións e fondos nos correos enviados. 

Conta tamén con efectos 3D ao enviar, recibir ou ver un correo. Ademais, brinda a posibilidade de usar varias aparencias gráficas (skins).

Para descargar IncrediMail, preme na imaxe. 

viernes, 11 de marzo de 2011

Tutorial de DROPBOX!!




Que é DropBox??
Dropbox é un lugar de aloxamento gratuíto de arquivos de calquera tipo: fotos, videos, presentacións, páxinas web,... É como un pequeno HD (disco duro) pero na nube no cal podes almacenar, de maneira gratuíta, ata 2 Gb de datos.

Para qué??
Aos mestres e mestras pódenos servir como disco duro virtual, pero unha das mellores utilidades que lle vemos é a posibilidade de almacenar aí as nosas actividades multimedia creadas con software como: EdiLim, JClic, Ardora,...

Aquí vos deixo un tutorial de cómo funciona.


Todo sobre os PODCAST!!




Os PODCAST son arquivos de audio subidos á rede que se distribuen libremente e permiten inscribirse a eles. Ultimamente estanse a utilizar moito con finalidades educativas. A seguinte ligazón lévanos a un SITE (web de google) de un "Taller de Podcast Educativos" onde aparece toda a información que precisamos para crear, aloxar e difundir os nosos "podcast", ademáis de varios exemplos e indicacións da súa utilización como instrumento de ensino-aprendizaxe nas aulas.

Fai clic aquí para acceder ao taller.

lunes, 7 de marzo de 2011

PRESENTACIÓNS EN ISSUU E SCRIBD

Nunha entrada anterior viamos como subir as nosas presentacións á aplicación Slideshare. Hoxe dámosvos a coñecer outros dous servidores de aloxamento: Issuu e Scribd.

Nestes servidores, ao igual co anterior, poderedes encontrar documentos de interese e ademais subir os vosos propios documentos de word, excel, pdf, ppt...

Podedes ver os titoriais de ambos os dous e acceder aos servidores picando no logo correspondente.


RECURSOS EDUCATIVOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U DA XUNTA DE GALICIA

Na web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia existe un Portal Galego de Contidos Educativos, con recursos educativos en liña moi interesantes, divididos por niveis educativos. Para acceder a eles picade na imaxe.


RECURSOS EDUCATIVOS DO ITE

O Instituto de Tecnoloxías Educativas ten a disposición de todo o profesorado e comunidade educativa unha páxina onde podedes atopar miles de recursos educativos.
 
Os recursos están agrupados por colectivos de destino e tamén por niveis educativos. Picade na imaxe para ir á páxina.


Se queredes acceder directamente dende aquí aos diferentes recursos por niveis, picade na imaxe do nivel que vos interese.


domingo, 6 de marzo de 2011

Web Interesante!


Navegando pola Internet atopei unha web moi interesante con un montón de actividades para introducir aos nenos/as no mundo das TIC.
Aquí vos deixo o link.
Que teñades un bo entroido.

martes, 1 de marzo de 2011

O ITE tamén se apunta ao traballo colaborativo!

O Instituto de Tecnoloxías Educativas do Ministerio de Educación acaba de abrir, dentro do seu xa popular "Banco de Imaxes e Sons" un apartado colaborativo onde calquera pode subir os seus arquivos para compartilos coa demáis xente que, baixo unha licenza Creative Commonds e despois de cubrir o formulario de rexistro, poderán ser usados libremente con finalidade educativa.

Parécenos unha moi boa idea que, por otra parte, xa se estaba demandando dende varios sectores. Seguro que en moi pouco tempo o Banco de Imaxes e Sons vai medrar moitísimo que con traballos de moi boa calidade.

Para acceder facede clic aquí.