domingo, 30 de enero de 2011

Inserir actividades Lim no blogue

Para inserir actividades Lim no blogue, temos que gardar nun servidor ou espazo web externo a Blogger os tres arquivos creados polo programa, e tamén todos os arquivos multimedia que utilizásemos. 

O primeiro é o arquivo de configuración do exercicio, o segundo é o arquivo HTML ao que exportamos o exercicio, e o terceiro é o que permite que o exercicio funcione con tecnoloxía Flash. En Windows, estes arquivos aparecen sen a extensión de tres letras que vai despois do punto, pero recoñécellos pola icona:


No ISFTIC (servizo do Ministerio de Educación que recolle todo o relativo ás Novas Tecnoloxías na educación), dispoñemos os docentes dun espazo web para publicar páxinas web e subir este tipo de actividades interactivas como son as actividades Lim, que despois poderemos inserir no noso blogue. Para conseguilo, hai unha páxina de petición de conta gratuíta para profesores cun arquivo PDF para solicitar a conta.


Unha vez subido a un espazo web (como pode ser o ISFTIC) a actividade Lim,  temos que incluír na entrada do noso blogue o seguinte código. Para iso teño que realizar dous pasos:

1. Apunto ou copio a ruta ou dirección Web (URL) onde está gardado, de modo que se escribimos esa ruta no navegador, vemos o arquivo como páxina web normal.

2. Incorpóroo ao meu blogue mediante a etiqueta iframe. O texto seguinte, cos cambios necesarios, hai que inserilo no código fonte do texto: facemos clic na pestana Edición de HTML do editor de Blogger, e aí pegámolo onde desexemos que apareza:


Neste texto vemos os atributos da etiqueta iframe, é dicir os parámetros da devandita etiqueta, que están colocados dentro da etiqueta de apertura:

1. src: é a ruta ou URL de onde se encontra gardado o arquivo da actividade  noutro servidor.

2. frameborder: é a anchura do bordo do marco expresado en pixeis.

3. height: é a altura do marco. Hai que axustar esta altura se se quere que non se vexa a barra de desprazamento e pareza que o test está incrustado no blog.

4. width: é a anchura do marco. Hai que ter coidado de non poñer unha anchura que supere os 500 pixeis, pois o marco podería invadir o lateral do blogue.

5. scrolling: é a barra de desprazamento. Escribimos auto para que a barra apareza automaticamente cando sexa necesario. Se escribimos yes, a barra aparecerá sempre, e se poñemos non, non aparecerá nunca. Neste último caso, hai que impedir que o test se esconda por debaixo do marco e o usuario non poida velo enteiro.

6. Non hai que esquecerse das comiñas e de pechar o iframe coa súa etiqueta de peche, que inclúe unha barra.

7. En texto azul inclúese a etiqueta div e o atributo align para centrar o marco na páxina, aínda que non é necesario. Non hai que esquecer o div de peche. Con este código podemos centrar calquera elemento da páxina.

(Información extraída do blogue: http://avalerofer.blogspot.com/)

ACTIVIDADES LIM

Estes son algúns enlaces nos que atoparedes actividades Lim para traballar co alumnado. Picade na imaxe para acceder.   



Educalim        


               Actividades Lim                

LIM (LIBRO INTERACTIVO MULTIMEDIA)

Lim (Libro Interactivo Multimedia) é unha ferramenta útil creada por Fran Macías, para o desenvolvemento de actividades educativas web que podemos obter libremente a través da súa propia web.

Vantaxes

* Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
* Accesibilidade inmediata en internet.
* Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
* Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
* Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
* Contorna agradable.
* Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
* Actividades atractivas.
* Posibilidade de control de progresos.
* Avaliación de exercicios.
* Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
* Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e encerados dixitais interactivas.

Aquí deixamos un titorial para ter unha visión global desta ferramenta.

domingo, 23 de enero de 2011

TITORIAL: SPICYNODES

Acabo de atopar pola rede un titorial de como facer o rexistro na web de SPICTNODES e como comezar a utilizalo. Este tiorial foi confeccionado por Viviana Araya.

TITORIAL: PREZI

Aquí vos deixo un tutorial para aprender a manexar o software on-line: PREZI, en moi pouco tempo (que por certo está confeccionado con este programa). Este tutorial foi traducido ao castelán por: "dolors reig".

SPICYNODES: Crea mapas conceptuais moi vistosos

SPICYNODES, é unha aplicación on-line e gratuíta que nos permite crear mapas conceptuais moi vistosos, de maneira sinxela. Estes mapas pódense publicar e compartir a través de internet.

Aquí tedes un exemplo:

PREZI: Presentacións Flash Moi Vistosas

PREZI é unha aplicación online e gratuíta que nos permite crear presentación moi vistosas, de xeito sinxelo, e que perimte a súa publicación en internet ou a súa descarga para o teu disco duro.

Aquí tedes unha mostra confeccionada por: Manuel Pérez Bañez (COORDINACIÓN TIC) IES Antonio Domínguez Ortiz

sábado, 22 de enero de 2011

ENLACES DE RELOXOS PARA BLOGUES

Estes son algúns enlaces nos que atoparedes reloxos para inserir no blogue. Picade na imaxe para acceder.


                                                      WidgetSI.com





creatupropiaweb.com





Clocklink





Toolshell Flash Clocks





Calgot Clocks


COMO ENGADIR RELOXOS NO BLOGUE?

Con axuda deste vídeo, podedes engadir reloxos no blogue.


Webs de axuda para personalizar o blogue

Aquí amosamos unha serie de páxinas webs que nos poden servir de axuda para personalizar o noso blogue. Para acceder a elas picade na imaxe.


                                             TUNEANDO EL BLOG
                  



TODO PARA TU BLOG



LA BLOGUERÍA




EL ESCAPARATE DE ROSA




MANUAL PARA BLOGGER


viernes, 21 de enero de 2011

Las Tic´s en la educación

Imaxe con enlace

Ás veces, como gadget (diseño do noso blogue, engadir un gadget), poñemos unha imaxe.
A esta imaxe, podemos engadirlle:


1. Un título.
2. Un pe de foto (que aparecerá debaixo da foto que poñamos)
3. Un enlace (pegaremos aquí a dirección da páxina web que queremos visitar cando pinchemos na páxina)


A imaxe que subimos, podemos facelo desde o noso equipo (unha imaxe gardada no ordenador) ou dende a web (copiando a URL da imaxe da internet).

Enlaces de páxinas interesantes

Se queremos enlazar páxinas interesantes ao noso blogue, podemos facelo de dúas maneras:

1. Se a páxina que queremos enlazar é outro blogue, facemos o seguinte:

Imos a diseño do noso blogue e engadimos un gadget novo. Dentro desa selección de gadgets que nos ofrece blogger, eleximos a seguinte:

Lista de blogs: 




2. Se a páxina que queremos enlazar é calquera páxina web (incluíndo os blogues tamén), facemos o seguinte: 


Introducimonos en diseño do noso blogue e engadimos un gadget novo. Neste caso:


Lista de enlaces: 






Un blogue de axuda que me parece moi interesante é o seguinte:


jueves, 20 de enero de 2011

ALGUNA PREGUNTA

Bueno ahora algunas preguntillas...

¿ como poneis a cada lado las páginas que más os interesan?
¿ como se hace para introducirlas?

GRACIASSS

Ola chicos!

Veña rapaces, ímos comezar a darlle vida a esto. Así dende aquí podemos facernos preguntas e respondelas, publicar cousiñas e contarnos todo o que vaiamos atopando ou necesitando.

Deicamañá. Bikossss