Mostrando entradas con la etiqueta Titoriais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Titoriais. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de marzo de 2011

Jing: Capturador de pantalla (imaxe e vídeo)



Como últimamente estamos publicando varios titoriais de como facer determinadas cousas, hoxe preséntovos un software para crear "vídeo-titoriais" de xeito doado, gratuíto e que se pode compartir fácilmente.
Trátase de "Jing", unha aplicación gratuíta que permite facer capturas de pantallas tanto de imaxes estáticas como en movemento (vídeos), o que a fai unha ferramente perfecta para a creación destes titoriais en formato vídeo.
No caso de que os nósos alumnos/as traballen nunha das moitas aulas de inforáticas que están repartidas polos centros da nósa comunidade, esta é unha boa opción para que poidan facer as súas tarefas de xeito autónomo e ao seu ritmo, evitando ter que estar explicando un por un todos os pasos que teñen que dar, por exemplo: para crear unha conta de correo, enviar mail, adxuntar arquivos, ou utilizar determinado software.
Podedes descargar o programa de xeito legal e gratuíto dende aquí.
Aquí vos deixo un vídeo-titorial do funcionamento deste software creado, como non podía ser de outro xeito, con Jing.


lunes, 7 de marzo de 2011

PRESENTACIÓNS EN ISSUU E SCRIBD

Nunha entrada anterior viamos como subir as nosas presentacións á aplicación Slideshare. Hoxe dámosvos a coñecer outros dous servidores de aloxamento: Issuu e Scribd.

Nestes servidores, ao igual co anterior, poderedes encontrar documentos de interese e ademais subir os vosos propios documentos de word, excel, pdf, ppt...

Podedes ver os titoriais de ambos os dous e acceder aos servidores picando no logo correspondente.


martes, 1 de febrero de 2011

TITORIAL: Glogster (Posters Dixitais)

Déixovos aquí un titorial sobre a creación de posters dixitais coa aplicación: Glogster; que atopei no canal de youtube: Recursos de Historia. Nel explícase de xeito sinxelo como crear un poster de estas características incluíndo nel tódalas posibilidades que este tipo de software posúe.

TITORIAL JCLIC: Introdución

Aquí temos un titorial que nos introduce ao mundo do JClic confecciónado por Domingo Méndez, extraído del canal Aula Historia de Youtube.


domingo, 30 de enero de 2011

LIM (LIBRO INTERACTIVO MULTIMEDIA)

Lim (Libro Interactivo Multimedia) é unha ferramenta útil creada por Fran Macías, para o desenvolvemento de actividades educativas web que podemos obter libremente a través da súa propia web.

Vantaxes

* Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
* Accesibilidade inmediata en internet.
* Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
* Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
* Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
* Contorna agradable.
* Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
* Actividades atractivas.
* Posibilidade de control de progresos.
* Avaliación de exercicios.
* Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
* Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e encerados dixitais interactivas.

Aquí deixamos un titorial para ter unha visión global desta ferramenta.

domingo, 23 de enero de 2011

TITORIAL: SPICYNODES

Acabo de atopar pola rede un titorial de como facer o rexistro na web de SPICTNODES e como comezar a utilizalo. Este tiorial foi confeccionado por Viviana Araya.

TITORIAL: PREZI

Aquí vos deixo un tutorial para aprender a manexar o software on-line: PREZI, en moi pouco tempo (que por certo está confeccionado con este programa). Este tutorial foi traducido ao castelán por: "dolors reig".